domingo, 5 de junio de 2011

ANNE-CATHERINE BECKER-ECHIVARD
















No post anterior o prota era a carne e neste pasamos ó peixe: Anne-Catherine Becker-Echivard (está sen nome esta rapaza) é unha artista de orixe franco-alemana que vive en Berlín (que envexa!) e que fai as fotografías que vos amoso hoxe.

O seu traballo visualmente ten a estética que me gusta e ademáis conceptualmente transmite “bo rollo” e moito sentido do humor.

Nas súas fotografías recrea un universo propio con modelos con cabeza de peixe, que desprenden moitísima ternura, e van perfectamente vestidos como as bonecas. É a súa nai quen lle fai os traxes: uniformes, roupas elegantes e tamén de “andar por casa” e é ela quen arma con esmero a escenografía introducíndoos en escenarios de teatro como bares, fábricas, quirófanos… cautivando e fascinando ó espectador.


Cada obra pode levarlle uns tres meses de coidadosa preparación e traballo. Non utiliza a fotografía dixital, preferindo as cámaras tradicionais de película negativa. Unha vez que fotografou a escena, tira as cabezas de pescado ó lixo. Utiliza peixes correntes como sardiñas ou xardas para crear a súa obra.


Os seus peixes imitan ó ser humano nun mundo que sufre certa deshumanización. O resultado son escenas sorprendentes, cheas de alegres cores, detalles e encanto. É canto menos curioso vernos reflectidos en estas escenas cotiás protagonizadas por peixes asexuados que parecen tan vivos e ocupados...


O traballo de esta fotógrafa descubrino hai tempo entre as páxinas dunha revista (teño carpetas cheas de recortes de cousas que me chaman a atención en revistas e xornais, unha variante da síndrome de Dióxenes) e hai uns días volvinme a atopar con unha das súas fotos, así que decidín que o tiña que compartir con vós...


3 comentarios:

  1. Con esto sí que he has dejado K.O. Me vuelve loca!

    Si es que ya lo sabía yo... que yo soy más de pescado que de carne...

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja, mola esta chica, además es monísima...
    Gracias Xoansinho!

    ResponderEliminar