Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012

AS MÁQUINAS DE ESCRIBIR DE 1º DA ESO - II

Unha vez máis estou abraiada polos traballos tan orixinais que fixeron nesta avaliación, os meus queridos alumnos de primeiro da ESO. As ideas para os deseños dos bolígrafos que inventaron e crearon nun tempo récord foron das mellores dos últimos cursos. Hai algún traballo que superou todas as miñas expectativas pola súa calidade e corrección. Noraboa a todos estes pequenos artistas e seguide así!!!

(Ó resto dos alumnos de 1º dicirlles que nunca é tarde para empezar a traballar en Plástica que é unha materia máis ;) aínda que parece que non vos decatastes)

















jueves, 22 de diciembre de 2011

AS MÁQUINAS DE ESCRIBIR DE 1º DA ESO

Este curso, coma os anteriores, propúxenvos ós meus alumnos de 1º da ESO, escoller entre outras tarefas, o deseño e elaboración dun bolígrafo.

Este traballo sempre tivo moi boa acollida, con resultados marabillosos como podedes ver nas imaxes. Irei engandindo máis fotografías porque teño moitísmos máis exemplos merecedores de ser amosados.

Teremos que buscar unha idea sinxela e levala a cabo co mellor resultado posible. O punto de partida e un canutillo de papel de xornal ó que lle podemos facer calquera intervención. Pintalo, pegarlle todo tipo de materiais, forralo, cortalo, convertelo noutra cousa... O importante e pararse a observar ó redor, inspirarse nos obxectos cotiás, pensar que todos os materiais, ata os refugallos, poden servir como instrumento para elaborar o noso deseño. Unha vez concretada a idea temos que poñela en práctica coidando os detalles. Pintando con xeito, recortando a modo, tratando que non se vexa o pegamento..., nunha palabra, sendo coidadosos e pulcros.

Esta é a miña proposta favorita así que agardo que moitos vos animedes a elixila. Sorte!!!






















Como teño memoria de peixe para os nomes propios, non sei quen son os donos destes bolis, póñolles cara, mais non son quen de lembrar os nomes e apelidos, así que se sodes tan amables de indicarmos ireillos engadindo...

lunes, 23 de mayo de 2011

PINTADO POR... HUNDERTWASSER





Hai un mes celebramos no centro a ”Semana cultural” onde a maioría dos departamentos organizaron moitas e moi variadas actividades. O departamento de Ed. Plástica realizou, como o ano anterior, unha exposición na entrada do insti cos cadros que fixeron os meus alumnos de 1º da ESO do curso pasado. Vou ir poñéndovos algúns destes traballos. Nestas fotografías temos a versión de dúas obras de Hundertwasser que pintaron Coral e Nuria. Tamén a que fixo en 4º Álvaro, rematada hai un intre, para outra proposta que mostrarei outro día na súa totalidade. Esperamos que vos gusten.


miércoles, 4 de mayo de 2011

COLLAGES 4








El otro día os dije que dejaba por ahora el tema de los collages, pero me encontré estos del curso anterior que también merecen ser mostrados...

sábado, 30 de abril de 2011

COLLAGES 3





Polo de agora imos deixar o tema dos collages e para despedirnos amósovos os traballos de David, Lorena, Luciano e Ángela, que fixeron en 1º da ESO. Cada un co seu estilo, gústanme moito.

miércoles, 27 de abril de 2011

COLLAGES 2










Continuamos cos collages. Esta vez comparten o seu traballo con todos nós Cintia, Andrea, José Manuel e Mónica, todos de 1º da ESO. A calidade do escaneo é bastante penosa, non fai xustiza á calidade dos traballos, síntoo.

COLLAGES 2

martes, 26 de abril de 2011

COLLAGES






Un dos meus traballos favoritos para facer na aula cos rapaces é o collage. É unha técnica que deixa xogar ós alumnos coa creatividade, exercitando a súa imaxinación e tamén traballar os materiais dun xeito rápido e limpo. As variacións instantáneas que permite a tixeira deixanlles improvisar con resultados estéticos e á par moi divertidos. ¿Gústanvos os collages que fixeron Uxía, Dolores, Rebeca e Andrea en 1º da ESO?

lunes, 18 de abril de 2011

PINTANDO POR... FRANZ MARK

Non me parece nada interesante que os adultos se adiquen a plaxiar ou copiar obras coñecidas unha e outra vez sen lanzarse a aventura da liberdade creativa. Pero sen embargo, creo que é importante que os nenos si o fagan e se asomen a arte para elixir o que máis lles guste e coñezan diversas opcións para iniciarse cos pinceis.

Franz Marc é un pintor moitas veces escollido polos meus alumnos. As razóns son os animais que usa para retratar, a brillantez das súas cores primarias, o cubismo e a simplicidade dos seus cadros. Todos os cursos facemos varios "franzmarcs". Deixovos aquí dous exemplos "chulibérrimos".




JOSÉ MANUEL SUÁREZ GARCÍA - 1º ESO




BALBINA TARRÍO MANGAS - 1º ESO