jueves, 30 de abril de 2015

Falso grabado diciembre 2014

Nos últimos tres cursos traballamos en 3º da ESO coa técnica do falso gravado e sempre resulta moi interesante para os alumnos. Quizáis porque dentro do mesmo exercicio pasamos por procesos moi distintos. Primeiro elixen un motivo do seu agrado que pintan de vivas cores para que despois destaque sobre o negro. Logo tapamos coa cera e rematamos cubrindo o papel coa tinta china. Por último lavamos o papel e raspamos a cera e aparece de novo o debuxo de tal xeito que parece un gravado. De ahí o nome. Hai que tratar de ser moi meticulosos co manexo do pincel e a cera para que o resultado sexa o máis limpo e satisfactorio posible. O falso gravado é unha técnica que pode desenvolver dende un rapaz de Educación Infantil ata o máis exitoso dos artistas gravadores. É moi agradecida e moi amena. Estéticamente é moi expresiva. Animádevos a practicala na casa!!!