Mostrando entradas con la etiqueta ESCULTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESCULTURA. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de abril de 2012

FARHAD MOSHIRI







Tedes aquí a solución do enigma: a instalación do artista iraniano Farhad Moshiri está feita con centos de coitelos de cociña. 


Facendo trampas non valía, Suso!!! ;)

martes, 17 de abril de 2012

OS POST-ITS DE SHIMADA

Namentres seguides pensando que elemento se repite  na instalación anterior deixovos con estoutra que se fixo tamén cun elemento cotián e ben coñecido por todos. O artista Shimada do estudo de arquitectura Tato pensou en crear estruturas pegando Post-Its, así que os alumnos de deseño e arte da Universidade de Kyoto ofrecéronse a axudalo creando esta etérea obra que da ganas de atravesala correndo ¿non si?






vía

jueves, 2 de febrero de 2012

RUTH HILLER











Hai uns días atopei unha artista norteamericana, Ruth Hiller, que por distintas razóns tiña que traer ó meu blog. (Si, a primeira razón é que ten un fermoso nome, hahaha).

Non é que a súa obra sexa extraordinaria ou especialmente complexa mais ten unha estética que me fixo sentir morriñenta e lembrar a miña infancia. As cores case fluorescentes e as texturas tan "xugosas" destas pezas evocáronme as tardes de cativa pintando coas ceras "Plastidecor", xogando coas barriñas de plastilina, e ata os xeados e gominolas que tan poucas veces desfrutábamos...

A miña homónima utiliza a encáustica para facer esta serie e a maioría da súa obra. A encáustica é unha técnica na que se mistura cera con outros elementos como o augarrás e os pigmentos. É así como obtén estas obras tan sinxelas pero tamén tan potentes con esas pequenas sorpresas tridimensionais que semellan caramelos ou as imaxes que nos descobre o microscopio e que non son visibles doutro xeito.

Agardo que vos guste tanto coma a mín...

VÍA

viernes, 16 de diciembre de 2011

BONSOIR PARIS

Veño de atopar unha obra duns artistas franceses que vos teño que amosar canto antes: é unha pasada!!! Esta serie se chama "Duramen" e está composta por varias instalacións nas que ó ver a obra de lonxe semella pintura caendo ou chocolate derreténdose. En realidade estas esculturas están realizadas en madeira de distinto tipo. É un traballo espectacular do estudio Bonsoir Paris composto polo dúo de artistas Rémy Clémente e Morgan Maccari.

¿Non flipades??













sábado, 5 de noviembre de 2011

HERB WILLIAMS

Herb Williams é un artista nado en Alabama no ano 73. Demóstranos co seu traballo que calquera material, por banal e cotidiano que sexa, é susceptible de ser convertido en obra de arte. O máis interesante da súa obra, esculturas un tanto "kitsch" , son as súas pezas realizadas con ceras de cores das que vos mostro hoxe uns cantos exemplos. É alucinante a instalación ó aire libre de formas orgánicas e ondulantes. ¡Disfrutádeas!


Herb Williams es un artista nacido en Alabama en el año 73. Nos demuestra con su trabajo que cualquier material, por banal y cotidiano que sea, es susceptible de ser convertido en obra de arte. Lo más interesante de su obra, esculturas un tanto "kitsch" , son sus piezas realizadas con ceras de colores de las que os muestro hoy unos cuantos ejemplos. Es alucinante la instalación al aire libre de formas orgánicas y ondulantes. ¡Disfrutadlas!

Herb Williams is an artist born in Alabama in 73. His work shows that any banal material it´s capable of being turned into a work of art. The most interesting of his work, a little bit "kitsch" sculptures, are his work done with crayon. I show you a few examples. It's amazing the outdoor installation of organic forms and undulating. Enjoy them!






















sábado, 29 de octubre de 2011

MARY ELLEN CROTEAU




Hoxe vou mostrarvos o sorprendente traballo dunha artista nada no ano 50, que vive en Chicago e se chama Mary Ellen Croteau. Aínda que ten unha obra inmensa e realmente variopinta, hoxe póñovos só un par das súas obras. A razón é a similitude coa proposta que vos fixen o curso pasado que comezou a xestarse pero aínda non se resolveu por falta de oportunidade. ¿Lembrades que estivemos colleitando miles de tapóns de botellas que temos clasificados por tamaños e cores na aula de Plástica? Pois alí seguen, agardando pacientemente as nosas ideas...

Neste caso trátase dunha obra en tres dimensións, unhas columnas sen fin, ó estilo de Brancusi e dunha obra pictórica tipo collage. Todo realizado con tapas de botes e botellas de múltiples cores.

O truco desta obra hiperrealista é a infinita paciencia, tamén o feito de ir afastándose constantemente para ver se dende lonxe se vai acadando o efecto buscado coas superposicións de tapóns, combinando cores e formas. Supoño que, pixelizando a fotografía, adiantarase tamén, moito traballo.








Hoy os voy a enseñar el sorprendente trabajo de una artista nacida en el año 50, que vive en Chicago y se llama Mary Ellen Croteau. Aunque tiene una obra inmensa y realmente variopinta, hoy os pongo solo un par de sus obras. La razón es la similitud con la propuesta que os hice el curso pasado que comenzó a gestarse pero aún no se resolvió por falta de oportunidad. ¿Recordáis que estuvimos recolectando miles de tapones de botellas que tenemos clasificados por tamaños y colores en el aula de Plástica? Pues siguen allí, esperando pacientemente nuestras ideas...

En este caso se trata de una obra en tres dimensiones, unas columnas sin fin, al estilo de Brancusi y de una obra pictórica tipo collage. Todo realizado con tapas de botes y botellas de múltiples colores.

El truco de esta obra hiperrealista es la infinita paciencia y el ir alejándose constantemente para ver si desde la distancia se va consiguiendo el efecto buscado con las superposiciones de tapones, combinando colores y formas. Supongo que pixelizando la fotografía se adelantará también, mucho trabajo.




Today I´ll show you the amazing work of an artist born in the year 50, who lives in Chicago and she´s called Mary Ellen Croteau. Although she has a really huge an varied work, today I has chosen just a couple of hers works. The reason is the similarity with the proposal that I made ​​the last year began to take shape but still not resolved due to lack of opportunity. Do you remember that we were collecting thousands of bottle caps that have assorted sizes and colors in the classroom ? They are still there, waiting patiently for our ideas ...


In this case it is a work in three dimensions, endless columns with the style of Brancusi and a collage-like paintings. All caps made ​​with cans and bottles of many colors.

The trick of this work is the infinite patience and going away constantly to see if far away from the distance it´s getting the intended effect of closures overlap, combining colors and shapes. I guess the picture is pixelated advance too much work.

domingo, 23 de octubre de 2011

MARI KASURINEN





Actualizar el blog se está convirtiendo en una difícil tarea en este inicio de curso tan complicado y lleno de actividades y vicisitudes, así que no lo hago con la frecuencia que yo desearía. Me gustaría poder mostraros varias veces a la semana lo que hacen artistas de cualquier parte del mundo, pero me es absolutamente imposible. Hoy, aprovechando el domingo matutino os presento a Mari Kasurinen, una artista muy original:







Mari Kasurinen es una artista escultora finlandesa nacida en el año 84. Esta chica con un aspecto tan pop como sus obras ha tenido la fabulosa idea de customizar aquel juguete que algunas niñas tenían en mi infancia y que se llamaba Mi pequeño pony.

Usa estos muñecos como lienzos en blanco que va transformando en iconos de la cultura pop que definieron y continúan definiendo generaciones. Desde super héroes hasta cantantes, incluye detalles tan diminutos que los ponis parecen las figuritas oficiales de los personajes.

Mis favoritos: Elvis, Gene Simmons y Frida Kahlo. A ver si reconocéis al resto…








Mari Kasurinen é unha artista escultora finesa nacida no ano 84. Esta rapaza cun aspecto tan pop como as súas obras, tivo a fabulosa idea de customizar aquel xoguete co que algunhas nenas xogaban na miña infancia e que se chamaba Meu pequeno poni.

Usa estes bonecos coma lenzos en branco que vai transformando en iconas da cultura pop que definiron e continúan a definir xeracións. Dende super heroes ata cantantes, inclúen detalles tan diminutos que os ponis semellan as figuriñas oficiais das persoaxes.

Os meus favoritos: Elvis, Gene Simmons e Frida Kahlo. A ver se recoñecedes ó resto…







Mari Kasurinen, an artist and sculptor in Finland, explores the concepts of beauty and customization through her art.

Using My Little Ponies as blank canvases, she turns them into pop culture icons, many of which have defined and continue to define generations. From superheros to singers, she includes minute details that make the ponies look like licensed action figures.

My favourites: Elvis, Gene Simmons and Frida Kahlo. Let´s go to recognize the others...