domingo, 29 de octubre de 2017

STOP MOTION

Non quería marchar de Coris sen facer un achegamento á Stop Motion nalgún grupo. Tenteino varias veces, hai máis de dez cursos, pero os resultados foron desastrosos. Esta vez estou contenta porque todo o mundo se implicou moito dende o principio para entender os procedementos e sacar á luz propostas interesantes nesta fantástica técnica, chea de posibilidades.

Somos novatos e temos un montón de erros de "edición" e "postproducción" ;) pero así se comeza.

 Noraboa a Adriana, Giovanna e Laura que son as tres moi "cracks" en Plástica!!!




viernes, 6 de octubre de 2017

Colaxeando por Hanoch Piven

Retomamos o blog que xa ten teas de arácnidos varios polo desuso destes últimos cursos. Quería mostrarvos uns autorretratos que fixemos o curso pasado inspirados na xenial obra do israelí Hanoch Piven. Os seus collaxes recollen á perfección a persoalidade do retratado, cheos de humor e de enxeño. Despois de coñecer a súa obra nos animamos a imitalo. Agardamos que vos gusten e que nos recoñezades en eles. 

Aproveito para mandar unha aperta moi forte ós autores que xa andan por ahí voando sós. Marta, Andrea, Adriana, Nacho, Ariadna, Patricia, Lucía, Gemma, Patri, Brais. Achámosvos moito de menos!!!