lunes, 23 de mayo de 2011

PINTADO POR... HUNDERTWASSER





Hai un mes celebramos no centro a ”Semana cultural” onde a maioría dos departamentos organizaron moitas e moi variadas actividades. O departamento de Ed. Plástica realizou, como o ano anterior, unha exposición na entrada do insti cos cadros que fixeron os meus alumnos de 1º da ESO do curso pasado. Vou ir poñéndovos algúns destes traballos. Nestas fotografías temos a versión de dúas obras de Hundertwasser que pintaron Coral e Nuria. Tamén a que fixo en 4º Álvaro, rematada hai un intre, para outra proposta que mostrarei outro día na súa totalidade. Esperamos que vos gusten.


No hay comentarios:

Publicar un comentario