viernes, 13 de mayo de 2011

LA CASA DE LA SEMANA - MANUEL AIRES MATEUS











A arquitectura que vén para deseñar as viviendas unifamiliares está inspirada nas casiñas que debuxábamos cando éramos cativos. Os teitos son continuación dos muros, realizados co mesmo material, sen diferencialos, as fiestras parecen estar colocadas ó chou. Na casa que vos amoso neste post hai ademais un aceno de humor do arquitecto. Cando un se achega a ela descobre que non é todo o que parece, unha importante parte da zona habitable está soterrada, debaixo do que realmente parece a casa. A pureza das liñas e a da cor fan desta construcción unha vivenda lixeira, sen ornamentos innecesarios. Atópase en Leiria, en Portugal. Neste país, quizáis pola influencia da Escola de Arquitectura de Oporto, hai en calquera aldea, en calquera ciudad, centos de exemplos de boa resolución arquitectónica, de bo gusto, de boa conexión ca contorna, nada que ver co que facemos aquí. É difícil que cale entre nós a máxima de "menos é máis". Unha auténtica mágoa...!

1 comentario:

  1. Esta casa conceptualmente me encanta. E nas imaxes sae espectacular porque a iluminación está moi coidada.

    Pero me gustaría visitala e comprobar realmente que sensación transmite iso de que teña unha parte soterrada e que só teña un oco para a luz. Non sei, pode funcionar ben ou resultar agobiante...

    Desde logo, o concepto é revolucionario

    ResponderEliminar