jueves, 9 de junio de 2011

AS UNLLAS COMO ARTE EFÉMERO






















































































































O post de hoxe adícollo as miñas alumnas, sei que a un número considerable delas vailles encantar, (tamén estou imaxinando os acenos dalgunha outra que son máis dos meus gustos). Non é exactamente o que se entende por manifestación artística pero como creación dunha miniatura pictórica ten o seu aquel.

Moitas veces quedo completamente abraiada co ben pintadas que traen as unllas moitas das miñas alumnas. Cheas de debuxos e deseños propios. Danme ganas de poñerlles un positivo pola creatividade que desprenden eses centímetros cadrados tan ben resoltos, é alucinante. Se puxesen o mesmo esforzo e maxín nos collages, nas tanxencias ou nos linóleos estaríamos rozando o sublime, a perfección suma.

Teño que admitir que estéticamente non me gustan nada, a mín coas unllas pásame coma coas orellas: canto máis curtas, mellor . Gústanme ben limpas ou tamén pintadas en algunha das cores que poidan ter as múltiples variedades de cereixas. Porén atópolle certo interese artístico ó feito de pintar as unllas con tanto detalle, é como levar unha instalación, unha customización que reflicte certa actitude , un arte efémero, fuxidío que ten tamén o seu punto…

Estas imaxes atopeinas na rede, había tantas onde elixir que me costou decidirme. Parece que hai moita rapaza paciente e con tempo para deixarnos coa boca aberta coa súa manicura...

Animádeos a imitalas!!!




2 comentarios: