jueves, 9 de junio de 2011

AS UNLLAS COMO ARTE EFÉMERO






















































































































O post de hoxe adícollo as miñas alumnas, sei que a un número considerable delas vailles encantar, (tamén estou imaxinando os acenos dalgunha outra que son máis dos meus gustos). Non é exactamente o que se entende por manifestación artística pero como creación dunha miniatura pictórica ten o seu aquel.

Moitas veces quedo completamente abraiada co ben pintadas que traen as unllas moitas das miñas alumnas. Cheas de debuxos e deseños propios. Danme ganas de poñerlles un positivo pola creatividade que desprenden eses centímetros cadrados tan ben resoltos, é alucinante. Se puxesen o mesmo esforzo e maxín nos collages, nas tanxencias ou nos linóleos estaríamos rozando o sublime, a perfección suma.

Teño que admitir que estéticamente non me gustan nada, a mín coas unllas pásame coma coas orellas: canto máis curtas, mellor . Gústanme ben limpas ou tamén pintadas en algunha das cores que poidan ter as múltiples variedades de cereixas. Porén atópolle certo interese artístico ó feito de pintar as unllas con tanto detalle, é como levar unha instalación, unha customización que reflicte certa actitude , un arte efémero, fuxidío que ten tamén o seu punto…

Estas imaxes atopeinas na rede, había tantas onde elixir que me costou decidirme. Parece que hai moita rapaza paciente e con tempo para deixarnos coa boca aberta coa súa manicura...

Animádeos a imitalas!!!




miércoles, 8 de junio de 2011

GREG BOGIN























































Greg Bogin es un artista neoyorquino nacido en el año 65 que trabaja en Brooklyn y que me encontré en alguna web, alguna vez. Me llamó la atención y lo metí en mi carpeta de descubrimientos varios donde hay desde zapatos hasta bañeras, pasando por pijamas de bebés, edificios, cuadros y tartas de cumpleaños, lo dicho, múltiples variantes del síndrome de Diógenes.





Este americano hace un trabajo que me gusta mucho por lo distinta que es su estética “flúor” tan minimalista-pop, una obra tan cercana al diseño gráfico, tan limpia, contundente y pulcra. Como a mis alumnos les alucina que alguien haya triunfado con el Suprematismo de Malevich, con la abstracción-dripping de Pollock o hasta con el cubismo de Picasso, esto ya les va a parecer la gota que colma el vaso. Un artista que expone y triunfa actualmente en el mundo entero, y en realidad lo que hace es limitarse a trabajar el marco del lienzo. Aunque podrían ser también piezas escultóricas. Utiliza la geometría, especialmente la curva, los colores ácidos y las formas contemporáneas del mundo capitalista y consumista que evocan a logotipos, espejos de brujas de cuento, Legos, rótulos y señales. Los títulos no hacen más que enfatizar el mensaje ausente y son muy irónicos.




Me encantita…



martes, 7 de junio de 2011

EXPOSICIÓN SEMANA CULTURAL










































Xa vos amosei algún dos traballos que formaron parte da exposición que fixemos este curso na entrada do insti co gallo da "Semana Cultural" pero agora vou poñelos todos para que non me quede ninguén esquecido...




Unhas destas pinturas son versións de artistas como Kandinsky, Picasso, Hundertwasser, Uminga, Ryden, Milhazes, Munch... e outras son inventadas ou están copiadas de fotos.





Os artistas que tanto traballaron son Martín Mourelle, Martín Rama, Alba Varela, Alba Abelenda, Javi Bouzas, Aaron, Leticia González, Adrián Villajos (que xa non está no cole pero lembrámonos moitas veces de el) Ana Espasandín, Irene Negreira, Ángela Facal, Coral Cotelo, Nuria Lema e Rosalía Villar.


Eran os meus alumnos do ano pasado de 1º da ESO e, a moitos deles, en nada, os teño de novo na aula, pero esta vez en 3º, e o que é mellor: aínda máis adolescentes, adolescentes perdidos...



domingo, 5 de junio de 2011

ANNE-CATHERINE BECKER-ECHIVARD
















No post anterior o prota era a carne e neste pasamos ó peixe: Anne-Catherine Becker-Echivard (está sen nome esta rapaza) é unha artista de orixe franco-alemana que vive en Berlín (que envexa!) e que fai as fotografías que vos amoso hoxe.

O seu traballo visualmente ten a estética que me gusta e ademáis conceptualmente transmite “bo rollo” e moito sentido do humor.

Nas súas fotografías recrea un universo propio con modelos con cabeza de peixe, que desprenden moitísima ternura, e van perfectamente vestidos como as bonecas. É a súa nai quen lle fai os traxes: uniformes, roupas elegantes e tamén de “andar por casa” e é ela quen arma con esmero a escenografía introducíndoos en escenarios de teatro como bares, fábricas, quirófanos… cautivando e fascinando ó espectador.


Cada obra pode levarlle uns tres meses de coidadosa preparación e traballo. Non utiliza a fotografía dixital, preferindo as cámaras tradicionais de película negativa. Unha vez que fotografou a escena, tira as cabezas de pescado ó lixo. Utiliza peixes correntes como sardiñas ou xardas para crear a súa obra.


Os seus peixes imitan ó ser humano nun mundo que sufre certa deshumanización. O resultado son escenas sorprendentes, cheas de alegres cores, detalles e encanto. É canto menos curioso vernos reflectidos en estas escenas cotiás protagonizadas por peixes asexuados que parecen tan vivos e ocupados...


O traballo de esta fotógrafa descubrino hai tempo entre as páxinas dunha revista (teño carpetas cheas de recortes de cousas que me chaman a atención en revistas e xornais, unha variante da síndrome de Dióxenes) e hai uns días volvinme a atopar con unha das súas fotos, así que decidín que o tiña que compartir con vós...


domingo, 29 de mayo de 2011

DIMITRI TSYKALOV











Dimitri Tsykalov nació en 1963 en Moscú y ahora vive en París. Su obra es una de las que más me ha impactado últimamente por lo inquietante de su naturaleza. A este artista le gusta experimentar con medios variados. Comenzó trabajando la madera montando escenarios hiperrealistas y construyendo réplicas de coches donde absolutamente todo estaba creado por él. Ha utilizado para esculpir, medios tan poco convencionales como las frutas y ahora está trabajando con carne.

En esta nueva etapa, la carne animal, que se mata y se pudre aparece como materia prima llena de expresividad, casi viva. No vemos el dolor o la muerte, sin embargo, con su extraño talento, Dimitri Tsykalov otorga a un pedazo llano de carne, un toque extra de alma. Este artista ruso convierte los músculos, los tendones, la grasa, en armaduras, metralletas, tanques, máscaras antigás... quizás como planteamiento metafórico del tratamiento brutal que infligimos a los animales. Es una obra un poco espeluznante, grimosa, a nadie le gusta el contacto de su piel con la carne cruda, y esto hace pensar y reflexionar en aquello que comemos y en todo el sufrimiento y violencia que hay detrás de unos filetes. Todo eso que hipócritamente no queremos conocer, la trayectoria desde que un animal nace y llega a nuestro plato.

A pesar de todo es una obra visualmente bella, que haría las delicias de Lady Gaga...