martes, 30 de septiembre de 2014

Caricaturas


Este é un dos exercicios de clase que máis me divirte aínda que os meus alumnos non mostran o mesmo entusiasmo. Non lles resulta nada sinxelo esaxerar os rasgos propios ou os dos compañeiros e sempre acaban  un tanto agobiados polo esforzo ou molestos ó verse representados nos debuxos. Prefiren facer un retrato máis realista. A caricatura non é máis que un exercicio de humor e así hai que tomalo. Aquí tedes algúns exemplos de caricaturas de rapaces que pasaron polo centro nestes quince cursos, a ver se recoñecedes a alguén. Encántame revisalas e lembralos. É un bonito recordo para os autores, os protas e para mín. Agardemos que este curso obteñamos un montón de caricaturas igual de xeniais.


3 comentarios:

  1. Que ben que volviches! Algunhas están moi ben. É curioso cómo algunhas veces o que máis lles costa é precisamente tomar as cousas con humor...

    ResponderEliminar
  2. ups.... non teño nin idea!! (escribo este comentario para indicar que pasei por aquí :P )

    ResponderEliminar