miércoles, 25 de abril de 2012
GRABADOS AL LINÓLEO
sábado, 21 de abril de 2012
TOM FRANZEN
Tom Franzen é un artista orixinario de Bruxelas que utiliza as rúas como escenario do seu traballo. Xoga na súa obra co impacto e a sorpresa, co surrealismo e cun forte sentido do humor (isto último parécelle parte fundamental na arte e lamentablemente en vías de extinción). Esta instalación atópase en Molenbeek, en Bélxica, ten outras moitas pero pareceume que esta é a que máis vos vai engaiolar.
vía
vía
jueves, 19 de abril de 2012
FARHAD MOSHIRI
Tedes aquí a solución do enigma: a instalación do artista iraniano Farhad Moshiri está feita con centos de coitelos de cociña.
Facendo trampas non valía, Suso!!! ;)
martes, 17 de abril de 2012
OS POST-ITS DE SHIMADA
Namentres seguides pensando que elemento se repite na instalación anterior deixovos con estoutra que se fixo tamén cun elemento cotián e ben coñecido por todos. O artista Shimada do estudo de arquitectura Tato pensou en crear estruturas pegando Post-Its, así que os alumnos de deseño e arte da Universidade de Kyoto ofrecéronse a axudalo creando esta etérea obra que da ganas de atravesala correndo ¿non si?




vía
domingo, 15 de abril de 2012
miércoles, 28 de marzo de 2012
AS MÁQUINAS DE ESCRIBIR DE 1º DA ESO - II
Unha vez máis estou abraiada polos traballos tan orixinais que fixeron nesta avaliación, os meus queridos alumnos de primeiro da ESO. As ideas para os deseños dos bolígrafos que inventaron e crearon nun tempo récord foron das mellores dos últimos cursos. Hai algún traballo que superou todas as miñas expectativas pola súa calidade e corrección. Noraboa a todos estes pequenos artistas e seguide así!!!
(Ó resto dos alumnos de 1º dicirlles que nunca é tarde para empezar a traballar en Plástica que é unha materia máis ;) aínda que parece que non vos decatastes)
lunes, 26 de marzo de 2012
GLENNRAY TUTOR
Hoy os traigo la obra de un artista americano nacido en el año 50 en Missouri, llamado Glennray Tutor. Está considerado como uno de los más destacados representantes del movimiento artístico llamado "Fotorrealismo". Sus pinturas, que se exponen por el mundo entero, están repletas de alegres colores brillantes y utiliza motivos nostálgicos (como los cómics, los juguetes y las canicas de las obras de este "post"). Este artista siempre pone especial atención en el detalle, haciendo metáforas o modernos bodegones con una estética muy característica, muy barroca y con aires retro.
El resultado es tan meticuloso y muestra semejante destreza con los óleos y los pinceles que me parece que os va a encantar o... ¿no?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)