jueves, 2 de febrero de 2012

RUTH HILLER











Hai uns días atopei unha artista norteamericana, Ruth Hiller, que por distintas razóns tiña que traer ó meu blog. (Si, a primeira razón é que ten un fermoso nome, hahaha).

Non é que a súa obra sexa extraordinaria ou especialmente complexa mais ten unha estética que me fixo sentir morriñenta e lembrar a miña infancia. As cores case fluorescentes e as texturas tan "xugosas" destas pezas evocáronme as tardes de cativa pintando coas ceras "Plastidecor", xogando coas barriñas de plastilina, e ata os xeados e gominolas que tan poucas veces desfrutábamos...

A miña homónima utiliza a encáustica para facer esta serie e a maioría da súa obra. A encáustica é unha técnica na que se mistura cera con outros elementos como o augarrás e os pigmentos. É así como obtén estas obras tan sinxelas pero tamén tan potentes con esas pequenas sorpresas tridimensionais que semellan caramelos ou as imaxes que nos descobre o microscopio e que non son visibles doutro xeito.

Agardo que vos guste tanto coma a mín...

VÍA

2 comentarios:

  1. E, que haberá dentro das boliñas? Porque parecen gominolas de verdade...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Parece moi interesante é un novo tipo de arte

      Eliminar