sábado, 17 de marzo de 2012

PANIC ROOM


Teño que desculparme por ter o blog tanto tempo en "paro biolóxico" (coma os peixes) aínda que neste caso máis ben "tecnolóxico". Este mes ademais de ter que estar de baixa, fiquei sen portátil grazas a un pequeno karateca de case tres anos que teño na casa que lle propinou unha marabillosa patada voadora e me deixou sen pantalla e case sen alma. Non poder dispor dos meus documentos e as miñas fotos foi verdaderamente un pouco duro e traumático. Pero por sorte xa a miña vida volveu a normalidade e estou desexando amosarvos as cousas que fun atopando neste tempo...





O primeiro que vos vou ensinar é unha intalación que fixeron uns graffiteiros nunha habitación dun hotel de Marsella. Creo que vos vai flipar. Este é un deses traballos cos que soñan os mestres do spray. Ter a posibilidade de encher de debuxos a metade da habitación dun hotel de prestixio, sen ter que estar pendentes de se aparecen as forzas da orde, é unha experiencia que me fai sentir denteira, verdadeira envexa...











O proxecto para o hotel "Au vieux panier" foi encargado o graffiteiro Tilt, para que decorase á súa maneira esta habitación. O hotel ten só cinco cuartos e invita a artistas europeos de renome a transformalos de cando en vez. Nesta ocasión o resultado tan sorprendente é o que vedes nas fotos, e foi titulado igual que a peli de medo "Panic room" ou sexa, "A habitación do pánico". O artista mantivo nun branco inmaculado a metade do cuarto e encheu dun xeito ben barroco con graffiti a outra metade.


Eu non sei vós pero eu cando vaia a Marsella tratarei de durmir nalgunha das habitacións deste hotel...


4 comentarios:

  1. Esto se lo voy a enseñar a mis alumnos, que este año tengo varios grafiteros en clase. Yo creo que si me alojo ahí, me da un algo...

    ResponderEliminar
  2. Esta moi ben esta maneira de pintar a casa hai que chamalos para que pinten a aula de plástica ;)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. si ohhh vounoos xamar pa qe me veñaan pintaar a miña abitacion=P

      Eliminar