A que de todos os usos que se lle poden dar a unha caixa chea de mistos, xamais se vos pasou polo maxín este??? Pois a Pei Sang Ng, un artistas chinés, ocorréuselle xuntar unha morea de fósforos (ata 2.500 nalgunha peza) para facer estas marabillosas instalacións.
Normalmente utiliza a cor vermella nas súas obras porque esta é unha cor afortunada na súa cultura que contrapón coa peligrosidade que evocan os mistos. Visualmente son obras moi sinxelas, fráxiles, coa acumulación como "leit motiv". A tipografía e os debuxos semellan un tanto pixelizados.
Unha obra merecedora de ser coñecida. Desfrutádea!
Que chulada! Encántame esa textura de veludo que teñen...
ResponderEliminarE recórdame que no meu instituto, antes de que eu chegase, puxeron no pasillo unha obra dun rapaz feita con mistos. Estivo exposta unha tempada ata que se decataron de que era un tanto tentadora e perigosa... Unha mágoa!
Bicos
Encántanme este tipo de obras, son moi orixinais e creativas. A que máis me gusta é a da primeira foto. Por certo Ruth, bótaseche moito de menos polo colexio. :)
ResponderEliminar