Non me parece nada interesante que os adultos se adiquen a plaxiar ou copiar obras coñecidas unha e outra vez sen lanzarse a aventura da liberdade creativa. Pero sen embargo, creo que é importante que os nenos si o fagan e se asomen a arte para elixir o que máis lles guste e coñezan diversas opcións para iniciarse cos pinceis.
Franz Marc é un pintor moitas veces escollido polos meus alumnos. As razóns son os animais que usa para retratar, a brillantez das súas cores primarias, o cubismo e a simplicidade dos seus cadros. Todos os cursos facemos varios "franzmarcs". Deixovos aquí dous exemplos "chulibérrimos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario